English | Español | Galego


¿Qué necesito para utilizar SafeGDocs?


Para utilizar SafeGDocs é necesario ter instalado o navegador web Firefox. Este plugin é compatible con todas as versiones de Firefox dende a 3.5 ata a versión actual (26.0), ainda que se recomenda a utilización da última versión dispoñible do navegador.

Ademais é necesario ter unha conta de correo válida para acceder ós servicios de Google Drive (como por exemplo, safegdocs@gmail.com).

Índice

¿Necesito introducir o contrasinal da miña conta de Google para activar SafeGDocs?


Non. A versión actual de SafeGDocs non necesita ningún dato personal para acceder aos documentos. Para activar SafeGDocs non é necesario introducir nin a dirección de correo electrónico nin o contrasinal asociado á conta de Google, senón únicamente o contrasinal mestre do usuario.




Isto é posible gracias á utilización do protocolo OAuth 2.0, que permite que aplicacións externas como SafeGDocs accedan á lista de documentos e podan realizar tratamentos con eles (como o cifrado), sempre que se lle concedan os permisos necesarios.


Índice

¿Qué contrasinais son necesarios?


SafeGDocs básicamente necesita un contrasinal para poder funcionar: o contrasinal mestre. Este valor establécese a primeira vez que se activa SafeGDocs e utilízase con dous propósitos:
Adicionalmente, cada documento pode ter o seu propio contrasinal de cifrado. Por defecto utilizarase o contrasinal mestre para cifrar todos os documentos, pero en caso de que se desexe, poderase introducir un contrasinal individual para cada documento, engadindo un terceiro nivel de seguridade na conta.



En caso de que se utilice o contrasinal mestre para cifrar os documentos, non se pedirá ningún contrasinal adicional para acceder a un documento cifrado. Non obstante, se se establece un contrasinal diferente por documento, SafeGDocs o solicitará no momento da súa apertura, e só se visualizará o documento correctamente en caso de que se dé o valor correcto do contrasinal do documento.

Índice

¿Onde se almacenan os meus contrasinais?


A primeira vez que se inicia SafeGDocs créase un documento en Google Drive oculto da vista principal, comprimido e cifrado coa máxima seguridade dispoñible (AES con 256 bits), chamado SafeGDocs.doc. Este documento conterá toda a información necesaria para poder cifrar os documentos e recuperalos de forma correcta.




Gracias a este deseño e debido a que non almacenamos ningunha información no ordenador local, seguirá sendo posible cifrar e descifrar os documentos en caso de que se cambie o dispositivo, sempre que se instale de novo SafeGDocs. Ademais, os contrasinais non se envían a ningún punto do noso sistema nin a terceiros, se non que se encontran protexidos na propia conta de Google Drive de cada usuario.

IMPORTANTE: debido a que o fichero SafeGDocs.doc está cifrado e contén a información de todos os contrasinais para protexer os documentos, non debe de ser modificado nin eliminado manualmente. En caso de que esto suceda o contido dos documentos cifrados será irrecuperable, xa que no se poderán descifrar correctamente.

Índice

¿Qué navegadores son compatibles con SafeGDocs?


Actualmente SafeGDocs só é compatible co navegador Firefox. Non obstante, esperamos ampliar próximamente o soporte para outros navegadores, como Google Chrome.


Índice

¿SafeGDocs soporta estilos nos documentos?


Sí, SafeGDocs soporta estilos nos documentos e ademais cifra e protexe esta información xunto co contido dos documentos, a diferenza doutras solucións existentes. Esto pódese comprobar abrindo un documento cifrado que conteña algún estilo con SafeGDocs desactivado: o resultado será un conxunto de caracteres que non aportan ningún tipo de información sobre o contido dos documentos nin da súa estructura.




Non obstante, determinados estilos non son compatibles coa versión actual de SafeGDocs:


As listas numeradas e viñetas son un caso particular de estilo: ainda que sí se soportan dentro dos documentos cifrados, só se visualizará un único tipo de viñeta, o punto redondo (·).

Esperamos dar soporte próximamente a estas funcionalidades. Non obstante, se recomenda non utilizalas mentras tanto en documentos cifrados, para evitar problemas de compatibilidade e non sufrir perdas de información nos documentos.


Índice

¿SafeGDocs soporta imaxes?


Sí. A versión actual de SafeGDocs soporta imaxes en documentos cifrados, ainda que as imaxes non se cifran. Próximamente esperamos liberar unha nova versión de SafeGDocs que cifre tamén as imaxes nos documentos.


Índice

¿SafeGDocs permite compartir documentos cifrados?


Sí, SafeGDocs soporta a opción de compartir documentos cifrados con outros usuarios de Google Drive, ainda que éstes non se poden editar de forma simultánea. Non obstante, esperamos liberar próximamente unha nova versión da extensión que soporte esta funcionalidade en tempo real.


Índice

¿Cómo se comparte un documento cifrado?


O proceso de compartir un documento cifrado é o mesmo que o de compartir calquer outro tipo de ficheiro: seleccionando o documento e presionando o botón de "Compartir". Nese momento, SafeGDocs detectará que se está intentando compartir un documento cifrado, e realizarase un procesado transparente para transmitir ao resto de usuarios que teñan acceso ó documento a información necesaria para descifralo e editalo.

O único paso adicional que terá que realizar o propietario do documento cifrado é establecer un contrasinal compartido e comunicarllo aos usuarios que accederán ó documento.




No instante no que un usuario intente acceder a un documento cifrado compartido con él, solicitaráselle o contrasinal compartido do propietario, e en caso de que éste sexa correcto, poderá acceder ó documento.


Índice