English | Español | Galego


¿Qué é SafeGDocs?


SafeGDocs é unha extensión para o navegador Firefox que permite ofrecer unha capa adicional de seguridad sobre o servicio ofimático Google Docs. Con ese fin, SafeGDocs intercepta o contido dos documentos, o cifra e comprime, de modo que toda a información que se almacena nos servidores de Google se atopa protexida.



O principal obxectivo desta extensión é proporcionar seguridade sen ningún tipo de dependencia de terceiros: a información necesaria para cifrar e descifrar os documentos se xestiona por cada usuario a través do seu contrasinal mestre, e os metadatos necesarios para recuperar os documentos almacénanse cifrados na súa propia conta de Google Docs. Desta forma conséguese privacidade absoluta, xa que nin nós, nin Google nin ninguén que intercepte as comunicacións poderá ter acceso ao contido real dos documentos.

SafeGDocs intégrase de forma transparente con Google Drive. A edición de documentos séguese realizando mediante a interface habitual de Google Docs, ainda que SafeGDocs incorpora adicionalmente pequenas modificacións que facilitan a identificación e o manexo dos documentos cifrados.

Índice

Activando SafeGDocs


Tras instalar de SafeGDocs aparecerá na barra de navegación de Firefox un novo icono en forma de candado gris, utilizado para activar e desactivar a extensión. No caso de que esta barra non se encontre visible por defecto, deberá habilitarse a través da barra de menús de Firefox, na opción Ver > Barra de ferramentas > Barra de navegación.




Para traballar con documentos de texto cifrados é necesario iniciar sesión previamente en Google Drive. Unha vez iniciada, SafeGDocs activarase facendo clic co botón esquerdo do ratón sobre o candado gris da barra de navegación. Nese instante, aparecerá unha ventá solicitando o contrasinal mestro.




O contrasinal mestro utilizarase como contrasinal de activación de SafeGDocs e como contrasinal utilizada por defecto para cifrar e descifrar documentos. Establécese a primeira vez que se arranca SafeGDocs, introducindo o seu valor neste campo.

Tras introducir este valor na ventá de inicio, deberase de pulsar o botón Aceptar, co que se iniciará o proceso de activación de SafeGDocs. Ó finalizar este proceso o candado da barra de navegación volverase amarelo, indicando que SafeGDocs está activo. Ademais, recargarase a páxina principal de Google Drive e se resaltarán os elementos anteriormente cifrados, no caso de que existan.



Índice

¿Cómo cifrar un documento?


Para crear un novo documento de texto cifrado s&eguese o mesmo procedimento que na creación de calquer outro documento, pulsando o botón CREAR da interfaz da páxina principal de Google Drive. Ó facelo se desplegará un menú no que haberá que seleccionar a opción Documento, tras o que se abrirá unha nova pestaña coa interfaz de edición de Google Docs.




A interfaz de edición de documentos de Google Docs é idéntica á interfaz habitual, excepto en que aparece un novo botón de Gardar insertado na parte superior dereita da ventá.

O funcionamento de SafeGDocs cancela toda a información que se envía ó editar un documento, para evitar que calquer tipo de información en claro chegue ós servidores de Google. Por este motivo, para gardar o contido dun documento é necesario presionar o novo botón de Gardar da barra de navegación. Nese momento, se cifrará todo o contido do documento e se enviará protexido de forma segura a Google.




IMPORTANTE: Se debe de ter en conta que, debido a que non se manda ninguhna información ó servidor ata que se fai clic no botón Gardar, se se pecha a pestaña de edición antes de facelo se perderán todos os cambios do documento actual.

Ademais do gardado manual, existe a opción de facer un autogardado automático e periódico do contido dos documentos. Para activar esta opción, será necesario acceder ó menú contextual de SafeGDocs, facendo clic co botón dereito do ratón sobre o candado de activación da extensión. Con iso se poderá acceder a un submenú no que se poderá activar/desactivar o autogardado de documentos cifrados e configurar a sua periodicidade.




Índice

Algoritmos soportados


SafeGDocs permite protexer os documentos mediante unha ampla variedade de algoritmos e opcións de cifrado, de modo que cada usuario poderá decidir cal é a opción mais adecuada en función das súas necesidades (maior seguridade, máis rapidez, etc.). No caso de que se utilicen as opcións por defecto de SafeGDocs, os documentos protexeranse mediante o algoritmo de cifrado simétrico AES utilizando un tamaño de clave de 128 bits.


Nome Tamaño bloque Tamaño clave Seguridade Velocidade
AES Advanced Encryption Standard 128 bits 128, 192, 256 bits Alta Rápido
Triple DES Triple Data Encryption Standard 64 bits 56-128 bits Media Moi lento
Blowfish Blowfish 64 bits 32-448 bits Media Rápido
RC4 Rivest Cipher 4 64 bits 8-2048 bits Baixa Moi rápido
TEA Tiny Encryption Algorithm 64 bits 128 bits Baixa Rápido
xxTEA Corrected Block TEA Arbitrario > 64 bits 128 bits Media Rápido


Índice

Máis información


Por favor, visite a sección de preguntas frecuentes (FAQs) ou descargue o manual de usuario (PDF) para obter información mais detallada sobre a instalación e uso de SafeGDocs.


Índice